Formado no eido da fotografía e outras disciplinas gráficas, Hugo L. Arias é autónomo e dirixe desde o estudio ‘imaxefree’ este fermoso proxecto con varios colaboradores, compañeiros habituais. Temos Á Coruña como centro operativo de traballo, e en patinete ou cohete podemos chegar a Honolulú e máis aló.
Imaxefree nace como concepto xenuíno e libre, dende o máis achegado e noso a un mundo global e o universo multicultural no que navegamos. O estudio comeza a súa andaina en 2006 e realiza traballos a diferentes escalas e niveis, tanto para o público xeral e persoal como para empresas e organismos.
Amais da fotografía como arte e ferramenta en si mesma e do seu infinito abano de aplicacións, o estudio ofrece diversos servizos gráficos en combinación con profesionais e proveedores especializados en distintos ámbitos: deseño, creación gráfica, video, 3D, impresión, fotoacabado, materiais…
Persoas, ambientes, espazos, produto, ideas… cada ocasión ten o seu tratamento segundo as necesidades e desexos requeridos, ben sexa cunha finalidade funcional e práctica ou desde unha mirada máis persoal que mova os sentimentos e toque o corazón.
Alabín !